Política

Nesta páxina poderedes ve-las conclusións sobre o bloque de política que se tratou no debate. Se non puideches asistir e queres deixar a túa valiosa opinión podes facelo. Estamos traballando nunha ferramenta que nos permita un debate real na rede para poder continuar o traballo destes días, pronto teredes más novas.

Jaime Pastor

“Otra política es posible. Necesitamos una segunda transición”

  • É posible outra política e outro mundo. O capitalismo quere separar economía e políticaq, pero non é así.
  • A crise de lexitimidade das institucións ven da dialéctica entre os supostos representantes e da política que desenrolan, perxudicando ós intereses da cidadanía. Esto fíxose patente a partir do 9 de maio do 2010, cando os representantes europeos deron un golpe de estado dos mercados. Reunidos en Bruselas, decidiron aplicar as políticas de axustes sociais. A “acumulación por desposesión”: máis privatización, sobreexplotación da forza de traballo, capitalismo antisalarial…
  • O movemento 15M logrou na lexitimidade social que lle permite confrontarse coa lexitimidade electoral da que presumen os representantes electos. Unha cousa é a lexitimidade electoral e outra é o exercicio. E se no exercicio dunhas políticas determinadas vese que a opinión ciudadana é oposta, o que hay que facer é unha deslexitimación do goberno.
  • O movimento 15M debe seguir nese camiño e convertirse nun movimento de desobediencia civil non violenta que aposte por unha segunda transición.
  • O artigo 28 da Declaración dos Dereitos do Home e o Ciudadán, aprobada en Francia en 1793, di que “un pobo ten sempre o dereito a revisar, reformar e cambiar a súa constitución. Unha xeración non pode someter as súas leis ás xeracións futuras”.

Víctor Sampedro

“Nos ven pero no nos reconocen”

  • A crise de representación política tradúcese en que co voto non podemos controlar e fiscalizar as políticas públicas que recortan dereitos civís e cidadáns.

  • A crise paralela no xornalismo débese a que as cuotas de audiencia o as tiradas non son unha representación da voz na rúa. E, esto ocorre, porque economicamente só procuran o máximo beneficio a curto prazo. Para cotizar á alta na bolsa, están a recortar moito nas plantillas e precarizando tanto ós traballadores que perderon o ben económico máis importante, anque tanxible, que tiñan: a reputación e a credibilidade.
  • Cando vemos algo nos medios, o mínimo que facemos é desconfiar, cando non indignarnos aínda máis. De feito, teñen problemas de viabilidad tódalas empresas de medios convencionais e os eres e suspensións de pago están na orden do día.
  • A única maneira de romper este bucle non é o antagonismo entre cidadáns e xornalistas, se non a colaboración destes últimos cos sectores máis activos da cidadanía, que lles permita voltar á independencia, gañar en condicións laborail, que sexan sostibles como empresas e axudarnos a facer a segunda transición. Terían que buscar o reforzo en todos nós, para quebrar os pactos de silencio e os falsos consensos que dan máis protagonismo público a quen ten máis forza económica e político.
  • Aumenta-la participación e a transparencia é para o que naceu o xornalismo e se se quere reinventar que nos adxudiquen o titular que nos merecíamos o 19J: Imos a máis.
  • Se houbo unha semana clave para este movemento, foi a do desaloxo na Praza de Cataluña e até os incidentes do parlamento. Ahí, creouse unha espiral do silencio. Querían chamarnos violentos, non aplicaron os principios profesionais mínimos nin os presupostos democráticos máis básicos. Non se fixaron nos feitos, tivo que ser Youtube o canal polo que soupemos que os disturbios foron organizados, que quenes recolleron as imaxes eran xornalistas escollidos a dedo e como algunhas acusacións eran falsas. Por exemplo, fíxose un corredor para que o diputado invidente poidera pasar co can.
  • Houbo principios democráticos non atendidos: o encargado da orde púnlica debería garantir por igual que os parlamentarios foran a votar e a cidadanía a manifestarse, pero ningunha foi garantizada. Ademáis, non se condenan as agresións cidadás sen pedir antes a identificación das forzas da orde pública que lles apalearon favorecendo ós extremistas deportivos sobre uns congregación cidadá. E por moita violencia que poideran vender como mercancía informativa, sempre hai que deixar espacio para falasr do trasfondo político da protesta, pero a día de hoxe, aínda non se coñece se aquel día se votaba dunha soa vez, nunha lei “omnibús”, a derogación de 60 disposicións sobre libertades cívicas e sociais, proceso posto en cuestión constitucional e xuridicamente.

Pascual Serrano. Fundador de rebelion.org

Pascual Serrano non puido asistir ó debate, pero enviou un texto que unha compañera leu durante o debate. Podes le-lo texto en castelán aquí.

Grupo de Análise do 15M

“La libertad política no puede desvincularse de las condiciones materiales de subsistencia”

  • Esto significa, que non é libertade política que un proceso xurídico declare que a cidadanía é libre se non poden participar materialmente dos instrumentos políticos de deliberación e elección.
  • Libertade política é, sen embargo, algo que debe ser construido e que non pode entenderse sen a idea dun corpo libre: son os corpos os que exercen materialmente a libertade cando participan na vida pública e se integran no texido social en calidade tanto de cidadáns con dereitos políticos garantizados polas leis como de persoas que teñen as necesidades materiais tamén protexidas. A libertade non só é xurídica senón tamén algo material.
  • Hoxe en día, no estado español gózase de libertades xurídicas e eleximos os nosos representantes e, sen embargo, os nosos corpos sofren os devastadores efectos dunha crise económica que non só afecta a nosa vida senón que perxudica ás nosas libertades máis básicas. Reclamar maior libertade é o mesmo a reclamar a mellores condicións materiais de subsistencia.
  • Non hai democracia senón outra cousa ben distinta alí onde as libertades básicas só existen como libertade para consumir ou para escoller destino turísitco e non como libertade para ocupar o espacio público ou como a libertade para interpoñer nosos corpos e, desta forma, evitar un desahucio.

Intervención cidadá

  • José Manuel, falou do libro “No más atropellos” escrito por Jaime Pastor e Tomás Villasante. O traballo é unha proposta que recolle unha serie de axiomas de participación e de boas prácticas políticas. Se o goberno incumpre estas prácticas, entón non se pode dicir que sea realmente un goberno democrático, senón máis ben despótico e autoritario. O ensaio está colgado en rebelion.org e vaise enviar ás distintas asambleas do15M.
  • Tomás explicó á audiencia as paradoxas da representación política municipal no seu pobo, Zaralejos. É un novo pobo de mil veciños con dereito a voto, onde o concello goberna un partido que foi votado por 250 veciños, outros 350 votaron a outros partidos e o resto non votou. Existen exemplos e prácticas de outros sistemas de participación e representación municipal. Hai alternativas e hai que estudialas. Para un proceso, que el pensa que será longo, acabou pidindo dúas cousas. Coordinar os distintos esforzos locais, regionais, dos ciudadáns e europeos, e pedir un novo proceso constituinte.
  • Outro participante do turno de palabra criticou o actual sistema de votacións cada catro anos, onde ninguen pode elixir nin as condicións do seu traballo nin ás da súa hipoteca. Falou tamén da privatización da Compañía Telefónica e da necesidade de que os políticos consulten ós cidadáns cando haxa grandes decisións e, sobre todo, que concreten cando falan. Tambén falou do Canal de Isabel II, unha empresa pública rentable para os madrileños, que deu financiado as inversións do Metro de Madrid e que agora queren privatizala. Hai que replantearse as cousas e quizáis seguir o exemplo de Islandia. Loitar para que votar sexa realmente tomar decisións.
  • Outrto participante falou dos partidos pequenos e das recientes declaracións do presidente do Congreso, José Bono, en referencia ós partidos minoritarios e a súa lexitimidade “…el señor Bono esta muy equivocado si piensa que la legitimidad de mi voto a un partido pequeño es menos buena que la legitimidad del suyo a un partido grande…”. Parece que a actual clase política tenlle verdadeiro medo ó pluralismo e como mostra, un botón. Pouco antes das eleccións do 22 de maio pasouse unha lei que exixe ós novos partidos presentar 4.500 firmas, con fotocopia do DNI dos firmantes para poder concurrir ás eleccións. Esto é inxusto, xa que a ninguén se gusta deixar a fotocopia do seu DNI. E ademáis, porque esas 4.500 signaturas non están en ningures dos do PP ou do PSOE. Pediu a reforma total do sistema electoral.
  • Para rematar, Manuel, contounos a súa visión da actualidade. A situación de desinformación practicada polos medios de comunicación converteu a política nun partido de fútbol con dous equipos; xa non importa o que diga cada un, senón que gañe o meu. Manuel díxonos que leva 5 anos sen ver a tele e, que dende aquela está xenial; aínda así pensa que a manipulación non descansa. Advertiu sobre a intoxicación rampante da comida e animou á xente a facerse con un motor de enerxía libre para instalar na súa casa –e de paso mandar un saludo cordial a Iberdrola–, que xa está dispoñible e que sale por 100 euros.

Alí Ruston. Cordinadora de Apoio ó Pobo Sirio

“Pedimos la expulsión del embajador sirio en España”

Facebook: revolución siria 2011- España

  • Os sirios de Madrid e España comparten tódalas reivindicacións do movemento 15M, por ser un movemento que xurde no pobo, o que vai en alza e progresión real da libertade e da democracia.
  • Durante a estancia en Sol, os compañeiros de migración, traballaron co movemento en todo momento para trasladar as inquetudes e reivindicacións que deberían de formar parte das reivindicacións finais das iniciativas do movemento. Neste sentido, recolleron signaturas para forzar a expulsión do embaixador sirio en España e facer chegar o pobo sirio todo o apoio da sociedade española.
  • Actualmente, en Siria estase producindo un movemento revolucionario a imaxe dos movementos árabes que tiveron lugar en Túnez e Exipto. O pobo sirio está sufrindo unha forte represión onde están participando o estado, o exército e a policía.
  • O pobo sirio leva máis de 100 días de proceso revolucionario, co único obxetivo de facer caer o réxime que leva gobernando Siria dende fai 50 anos; un réxime que non permite ningún outro partido político que non sexa afín ó partido BAZZ. O réximen dictatorial prometeu, en varias ocasións, reformas de apertura e a celebración de eleccións democráticas. Estas reivindicacións son similares ás reivindicaciones do pobo exipcio e do tunecino. É por esto, que as manifestacións en Siria fóronse desenrolando no mesmo clima pacífico e reivindicativo que en Exipto e Túnez. A resposta do réxime ás manifestacións pacíficas foron a represión, o cárcere, torturas e a intimidación ós manifestantes e disidentes en Siria.
  • Algunhas cifras do xenocidio que está a realizar o goberno de Siria non nos mostran a brutalidades, impunidade e falta de dereitos humáns que levan soportando a poboación siria nestes 100 días: máis de 1500 mortos, entre eles 100 menores; máis de 10.000 desaparecidos, 15.000 desplazados internos e máis de 11000 refuxiados en solo da fronteira con Turquía e con Líbano.
  • O movimento de apoio á revolución dos pobos árabes, condenan tóda-las accións que o goberno sirio está a realizar contra o seu propio pobo. Tamén queren facer chegar a súa solidariedade co resto de revolucións pacíficas e sociais que se están producindo nos distintos lugares do mundo: “nuestro ánimo y fortaleza para el pueblo de Bahrein, el pueblo de Libia, el pueblo de China, el pueblo de Grecia y cualquier otra revolución, otro pueblo, que se encuentre en proceso revolucionario.”
  • Avogan polas revolucións pacíficas en tódolos aspectos, e están en contra de calquera intervención militar de calquera Estado, en calquera dos casos sinalados.
  • A principal reivindicación do grupo de traballo da revolución siria é lograr a expulsión do embaixador sirio en España. “Nuestra reivindicación se dirige, así, al gobierno español, que con su silencio ampara los crímenes que se están cometiendo en Siria. La reivindicación responde a las reivindicaciones del pueblo sirio, que son principalmente la caída del régimen dictatorial, la celebración de elecciones libres y democráticas.”
  • Tódolos domingos manifestacións frente á embaixada de Siria, no Paseo do Prado e tódolos días sentadas de 9:30 a 15:50.