Economía

Nesta páxina poderedes ve-las conclusións sobre o bloque de economía que se tratou no debate. Se non puideches asistir e queres deixar a túa valiosa opinión podes facelo. Estamos traballando nunha ferramenta que nos permita un debate real na rede para poder continuar o traballo destes días, pronto teredes más novas.

“No queremos un estado de beneficencia, queremos un estado de servicios sociales”

A máis de hora e media de debate sobre economía deu para moitas reflexións interesantes, como a que exemplifica esta entrada, feita por un cidadán indignado. A seguir, facémosvos un resumo dalgunhas das cousas que se escoitaron o pasado 29 de xuño:

Tom Kucharz:

  • Eles falan de democracia e nós dun golpe de estado dos mercados económicos financieros, de transferencia de cartos públicos a maus privadas, da socialización das pérdidas…
  • En realidade, falan de facilitar as transnacionais, pero o 70% do empleo está producida polas Pemes (Pequenas e medianas empresas), as que sufrirán co pacto do euro.
  • Falan de garantir a estabilidade financieira pero non vemos regulacións, nin tasas sobre as transaccións, nin regulación dos grandes bancos.

Ricardo Molero:

  • Os mercados financieiros considerarán insostible a deuda pública española. Pero só chega ó 60% do PIB, menos que en Grecia e Portugal, pero tamén “No queremos un estado de beneficencia, queremos un estado de servicios sociales” menos que en Francia e Alemaña.
  • A parte máis importante é a deuda privada e externa. Desa, o 45% é dos bancos españois. Os mercados financieiros están cavilando en que o estado vainos rescatar se houbera unha quebra e por eso lle están impoñendo unha prima de risco elevado.
  • As políticas para reduci-lo gasto público non son necesarias xa que a deuda é moi baixa. Ó contrario, habería que subilo para sacar políticas sociais. É preciso deixar claro que o mercado español non vai levar a cabo rescates, por unha cuestión de pragmatismo. Os islandeses votaron en referendum que non querían salvar á banca e, foi entón, cando a prima de risco pasou do 15% ó 5%, onde segue constante.

Comisión de Economía de Sol:

  • 22 propostas concretas. Entre elas: dación en pago, creación dun parque de vivendas de aluguer social, regulación da banca, tasa a transaccións especulativas, control do sistema bancario, aumento del salario mínimo interprofesional e regulación de soldos máximos, abolición dos paraísos ficais…

Comisión de feminismos:

  • Os recortes sociais perpetúan as desigualdades. Os avances conseguidos pola Lei de Dependencia, por exemplo, se veñen visto cercenados polos recortes, que perpetúan o papel da cuidadora, xeralmente femenino.
  • O capital aproveitase da dobre presencia de mulleres, tanto no ámbito familiar coma no laboral.

Plataforma contra a privatización de Bankia:

  • Onte (28 de xuño) acordouse que Bankia saia á bolsa nuns 15 días, cun desconto do 55% sobre o valor dos libros contables.
  • As caixas son o 50% do sistema financieiro de España e estase agasallando ós inversores e á banca privada.
  • Reivindicamos un sistema público de caixas de aforro, máis póximo, cunha política máis xusta de deshaucios, que se cree un parque de vivendas de aluguer co stock que xa teñen. Non queremos un sistema de caixas como o de fai pouco, non queremos representantes cómplices do expolio, que non nos representan.

Asociación de usuarios de bancas, caixas e seguros:

  • No debate das Cortes non se fala de como está a nación, senón dos mercados e os intereses de partido
  • Temos que levarlles ideas pero sen facer o seu traballo. E sen deixar que hagan cambios pero para que todo siga da mesma forma.

Turno da cidadanía presente no debate:

  • Non queremos un estado de beneficencia, queremos un estado de servicios sociais
  • Hai que separar os fluxos de emigración da economía. Non son pobres son empobrecidos, porque nós somos quenes os empobrecemos.
  • Cárcere para os especuladores
  • Deuda odiosa. Na Europa pódese facer o que fixeron en latinoamérica, un referendum para decidir se se paga ou non.